ELIMINACIÓN DIXITAL DE RUÍDOS

A eliminación de ruídos é o proceso dixital mediante o cal tras dixitalizar o arquivo sonoro de forma rigorosa, conseguimos atenuar ou eliminar o residuo sonoro impreso na gravación.

Existen numerosos tipos de ruídos que afectan en maior ou menor medida ás gravacións; clicks, pops, hiss, hum, etc.

Así mesmo os propios danos nos soportes xeran ruídos na súa reprodución, susceptibles de ser eliminados.

Tamén contamos con medios técnicos para eliminar ruídos indeseados: berros, caída de chaves, golpes, etc. sen afectar nin eliminar máis nada que ese ruído concreto.

O noso estudo conta coa mellor tecnoloxía en sistemas de redución e eliminación de ruídos.

 

NoNoise, Cedar Audio, et. son algúns dos sistemas mundiais máis premiados no tratamento dixital do ruído. En combinación con outros medios e os coñecementos apropiados, conseguimos un resultado óptimo.

En moitas gravacións aparecen ruídos indeseados que impiden a súa publicación comercial. Contamos con tecnoloxía para eliminalos sen que afecte á sonoridad do fragmento tratado.