LIMPEZA DE SOPORTES

A correcta dixitalización dun soporte, vai depender en boa medida da súa limpeza previa. Para iso partimos de varias premisas:

- A práctica totalidade dos soportes de audio sobre todo os de asuco, necesitan limpeza ou adecuación previa á dixitalización.

- O uso inadecuado de líquidos ou sistemas de limpeza van propiciar non só o dano irreparable do soporte de audio que pretendemos dixitalizar, senón danos ás máquinas reprodutoras e mesmo á saúde de quen o manipula.

- Gran parte da eliminación de ruídos nunha dixitalización conséguese coa limpeza e adecuación previa do soporte a dixitalizar.

- No noso equipo contamos cun químico especialista na manipulación de todo tipo de produtos e a súa aplicación aos soportes de audio. Máquinas automatizadas de limpeza, tanques de ultrasonidos, fornos químicos, microscopios dixitais e demais material de laboratorio para a correcta manipulación na limpeza dos seus arquivos.

bobina laboratorio
Debemos partir dun estudo completo do soporte antes de iniciar calquera actuación sobre o mesmo.
Bobina de magnetófono contaminada por fugos. Requírese unha limpeza e tratamento especializado para su dixitalización. É posible contaminar outras bobinas e incluso danos á nosa saúde sei se manipula de forma inadecuada.
cilindro fungos
Cilindro de cera marrón contaminado por colonia de fungos. É necesaria a súa limpeza previa e tratamento antes de comezar a dixitalización. Podemos contaminar cilindros sans, os reprodutores e mesmo prexudicar a nosa saúde.

Antes de comezar a limpeza do soporte debemos averiguar todos os datos sobre a súa composición para adecuarlos productos químicos e material apropiado.

cilindro laboratorio
c
Neste disco de resina de 78rpm podemos apreciar a sucidade incrustada nos surcos. Antes de reproducilo, débese limpar convenientemente (os produtos empregados nunca son xenéricos a todos os discos de 78rpm, xa que os Edison non admiten as mesmas solucións químicas que os shellac, ou os de gelatina, por exemplo.) A súa limpeza deficiente, ademais de xerar ruídos importantes na súa reprodución, pode provocar danos tanto o disco como os reprodutores. De aí a importancia da mesma.
Máquinas como o KM, son especialmente eficaces en discos de vinilo ou nos denominados shellac. Pero o seu uso en nitrato de celulosa pode provocar serios danos ao mesmo.
b