|
 |
DIXITALIZACIÓN
O noso estudo está especializado na dixitalización de soportes analóxicos de audio e a súa posterior restauración dixital. Contamos cos mellores sistemas de conversión analóxico dixital, sampleos até 192khzs e resolución de 24bits para conseguir o son máis puro e exacto. Fonotecas públicas e privadas, institucións, editoriais e particulares especializados confían nos nosos sistemas de dixitalización e restauración profesional. Para dixitalizar discos de lousa, dixitalizar cassettes, dixitalizar bobinas de magnetófono ou dixitalizar discos de vinilo entre outros soportes, partimos dos coñecementos previos sobre os mesmos. Seguimos estritos protocolos internacionais para conseguir o son máis fiel e rigoroso, sen desvirtuar a gravación en orixe. Normalmente realizamos unha copia en alta resolución, onde se busca a fidelidade ao son en orixe, aplicando todos os axustes e parámetros que debe levar dita gravación (selección de cabezales reprodutores ou agullas en caso dos discos, selección da velocidade adecuada, curva de compensación eq, decoder aplicado, etc.) todo con tecnoloxía de alta precisión. Realizamos outra copia en formato audio estandar (Cd-audio comercial) neste caso coa redución dixital de ruídos, para unha escoita ou publicación adecuada, perfectamente editado e presentado.
Desde finais do S. XIX, tras a aparición dos primeiros sistemas patentados de gravación de son por Thomas A. Edison, Oberlin Smith ou Emile Berliner, houbo unha evolución crecente dos mesmos, o que derivo nunha gran variedade de formatos:
- Cilindros sonoros variables en diámetro, velocidade de reprodución, etc.
- Disco plano de diversos tipos, anchos de asuco, velocidades.
- Grabacións en cable de aceiro.
- Cinta magnética aberta reel to reel con distintas composicións, pistas, velocidades, anchos, etc.
- Cartuchos sonoros tipo Muntz, Nab broadcast, RCA-Victor, Playtape, Sabamovil, Tefi, etc.
- En cassette tipo philips, minifon, XL2, Elcaset, etc
 |
Dixitalizar Cilindros de cera: Os parámetros básicos para a súa dixitalización pasa por dominar as diversas composicións (cera, celuloide,...), marcas rexistradas coas súas peculiaridades(Edison, Pathé, Columbia...), a súa especial fraxilidade (contrastes de temperatura provocan roturas), os tamaños diversos (ex. o tipo Salon, ou 20th Century), a diversidade de velocidades de rotación (160rpm, 120rpm...), etc. |
Dixitalizar discos de lousa: Para unha correcta dixitalización debemos ter presente diversos e complexos parámetros: a súa composición (cartón, resina, nitrato, aluminio, vinilo...) o seu corte (vertical, horizontal, etc.), o ancho de asuco e a adecuación da agulla, a súa velocidade de rotación (é falsa a crenza de que viran a 78rpm, a diversidade de velocidades é moi ampla, entre os 62 rpm e os 100rpm é moi habitual). Un axuste incorrecto xera un son irreal. As curvas de compensación empregadas (até a aparición da curva RIAA, que ha estandarizado os discos de vinilo, empregáronse numerosas curvas de ecualización,diferentes sen a selección correcta da mesma, o resultado será un produto sonoro incorrecto.) Análise do tipo e calibre de asuco para adecuar a cápusla e agulla necesaria. Contamos con tecnoloxía de lectura tangencial, e deslizamiento por suspensión de aire a presión, conseguindo a máxima precisión.
Na imaxe pódese ver a medida do calibre dun asuco, para adecuar o tipo de agulla adecuada á súa reprodución. |
|
 |
Dixitalizar cable de aceiro: como predecesor da gravación magnética en cinta, o cable de aceiro supón un soporte peculiar onde se rexistraron numerosos arquivos sonoros. Contamos con tecnoloxía para dixitalizar calquera tipo de bobina neste formato. No Instituto Valenciá da Música consérvanse arquivos sonoros históricos neste soporte de mestres da talla de Manuel Palau entre outros dixitalizados nos nosos estudos.
|
Dixitalizar bobinas de magnetófono; Os parámetros básicos para unha dixitalización obxectiva fundaméntase na investigación previa do tipo de composición (papel, acetato, poliester...) cabezales empregados (NAB, DIN butterfly Stereo 0.75mm, Fulltrack, etc.) As velocidades de reprodución ( 1-7/8, 3-3/4, 15/32, 7-1/2, 11-1/4, etc., as curvas de equ (IEC,AES, AME, NAB...)
O emprego de encoders na gravación das bobinas de magnetófono debe ser decodificado para evitar desvirtuar o son (Dolby, C4 Telcom, Dbxetc.) Podemos reproducir bobina con calquera tipo de hub: AEG, NAB, CINEMA, NAGRA. Todo reprodutor debe estar convenientemente calibrado para a correcta reprodución, doutra forma, estamos a desvirtuar totalmente o son orixinal da gravación.
Cando carecemos de datos técnicos que documenten unha bobina de magnetófono, contamos con tecnoloxía, como son os visores magnéticos que nos proporcionan información precisa sobre o número de pistas e calibre das mesmas. Con iso seleccionamos o sistema de reprodución adecuado ás mesmas. |
 
|
| |
|
 |
Dixitalizar cassettes: os formatos de cassette abarcan unha gran variedade de formatos, probablemente a cassette compacta tipo Philips, sexa a máis coñecida. O noso estudo ten capacidade para dixitalizar calquera tipo de formato de cinta magnética compacta: RCA-Victor, Nab broadcast, Muntz, 8 pistas, microcassette, Play tape, Tascam portaestudio, etc. Igualmente moitos posúen sistemas de encoder que deben ser axustados (sobre todo no tipo cassette compacta e portaestudio). Contamos coa mellor tecnoloxía neste campo. |
Formatos dixitais: Dcc, Dat, Adat, Dtrs, Minidisc, etc. convertemos calquera formato dixital, entregándollo en Cd-Audio ou calquera soporte actual que desexe.
Para conseguir unha correcta dixitalización, os sistemas de reprodución, deben estar correctamente calibrados, sexan de reprodución de discos, de bobina de magnetófono, de cassette, etc. (azimut, cabezales, vta, ...) doutro xeito, o son resultante será de escaso valor obxectivo. |
audiorestauracion@gmail.com
(+34) 638789523
Avda. Marina 86 MB-101
C.P. 36600 Vilagarcía de Arousa CIF: G36590685 |
|
|
 |
|
|